Skip to main content
Monforte

O PP de Monforte, trala renovación do pavimento da rúa Doutor López Suárez

Por 24 Setembro, 2022Setembro 25th, 2022Sin comentarios

Membros do Partido Popular de Monforte coinciden no mal estado no que se atopa a rúa Doutor López Suárez e avogan polo seu arranxo.

Segundo afirman “crea risco para o tráfico e deteriora a imaxe da cidade. Para os veciños de Monforte, a Rúa Doutor López Suárez atópase en pésimo estado de conservación”. O grupo municipal do PP presentará unha iniciativa na próxima sesión plenaria para reclamar o amaño de dita vía do concello Monforte.

A portavoz popular, Katy Varela, explica que “o pavimento da citada rúa ten grandes fendas e fochancas de todo tipo e tamaño, de tal maneira que resulta incómodo e incluso perigoso circular por ela. Nesta rúa atópase o cuartel da Garda Civil de Monforte e hai unha ampla zona que é utilizada como espazo de lecer especialmente polos nenos”, destaca Varela.

Así mesmo, Varela afirma que “é preciso que o goberno local tome as medidas oportunas para renovar o firme desta vía xa que hai que facer as necesarias obras de mellora do pavimento”, sinala Katy Varela.

Os populares reclaman a Tomé que acometa as obras de mellora dos firmes das rúas de Monforte fixando un plan de prioridades elaborado con criterios obxectivos.