Skip to main content
Quiroga

Antón Acevedo, director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, visita o programa Coidados Porta a Porta en Quiroga

Por 28 Setembro, 2022Setembro 29th, 2022Sin comentarios

O programa Coidados Porta a Porta vén de celebrarse esta mesma semana no concello de Quiroga, co obxectivo de levar servizos asistenciais ás persoas maiores do rural para a prevención da dependencia.

Este é un proxecto centrado fundamentalmente en ofrecer consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria a tódalas persoas maiores de 55 anos de xeito gratuíto.

Coidados Porta a Porta, contou no municipio de Quiroga coa visita de Antón Acevedo, director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, que visitou a unidade móbil situada no concello.

O director xeral estivo acompañado polo subdirector xeral de Envellecemento Activo, Prevención da Dependencia e Innovación Sociosanitaria, Alfredo Silva (vinculado laboralmente con Quiroga xa que foi alí onde exerceu a medicina); polo Delegado Territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e polo alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, con quen mantivo outro encontro previo na casa consistorial. Na visita tamén participou a concelleira de Servizos Sociais, Loli Sánchez.

O  servizo Coidado Porta a Porta posto en marcha pola consellería de Política Social da Xunta de Galicia, tivo na súa primeira visita a Quiroga tódalas consultas completas.

Unha das finalidades deste servizo é facilitar coidados médicos e de saúde en xeral preto dos fogares das persoas maiores, evitándolles desprazamentos fora do seu entorno e posibilitando que poidan seguir vivindo alí onde prefiran.

Dada o boa acollida que está a ter esta atención aos maiores de 55 anos, xa que como matizou Antón Acevedo, “foron máis de 20.000 os atendidos desde a súa  posta en marcha no mes de marzo”, está previsto que ata que remate este programa no mes de outubro do vindeiro ano, o servizo Coidado Porta a Porta visite Quiroga outras dúas veces máis.