Skip to main content
Deportes AMARIÑAXADeportes LUGOXADeportes TERRACHÁXA

Comezou a nova tempada de billarda co Trofeo das Noces de Castroverde

Por 28 Setembro, 2022Sin comentarios

Por Asociación O varal. Daniel Rodrìguez Saavedra.

Este domingo 25 de setembro comezou unha nova tempada da liga nacional de billarda (LNB) da conferencia NorLeste. Nesta ocasión foi o VI edición do Trofeo das Noces de Castroverde que organizan os xogadores de Billarda Verde.

Algún trasno estivo de troula o sábado a noite polo campo de fútbol da Veiga do Olmo, desfacendo o marcaxe das pistas, mais o equipo capitaneado por Seixas, andivo lixeiro e foi quen de arranxa-la desfeita para que o comezo da liga non se demorase mais cuns escasos minutos.

A billarda goza de excelente saúde e así o demostra a concurrencia nesta primeira xornada que superou ampliamente os sesenta participantes (46 homes, 14 donas e 3 nenos).

Un comezo de tempada espectacular donde Manu Caldeiro (ex-Carabullo e un dos novos fichaxes estrela do equipo anfitrión) foi quen de acadar un formidable “varado” no seu primeiro golpe da billarda e amais o gañador do aberto (Sachas de “Troitas Bravas”) tamén foi quen de facer un pleno nas cinco carreiras (25 puntos de 25 posibles).

Javi Morán (Carabullo) e Manu Pozo (Billardeiros Musicais) foron os que subiron o segundo e terceiro caixón, logo de superar nun desempate a catro a Pablo Lobo (Castiñeiro Milenario) e mais a Charli (Carabullo).

En donas foi Aroa (Billardeiros Musicais) que cos seus recentes catorce anos, deixaba aos infantis e entraba pola porta grande na categoria de maiores facendose co primiero posto de donas (21 puntos) por diante de Irea de (Carabullo) e Ana (Madia Leva).

En infantís Madía Leva conseguiu un pleno co seu tridende de xoves promesas, por este orden Diego, Mateu e Maré.

E por equipos, os Billardeiros Musicais de Ribadeo, superaron a Troitas Bravas e a Carabullo sendo os primeiros líderes desta nova tempada billardeira.

Ca entrega dos trofeos correspondentes, deuse por rematada esta emocionante primeira xornada da LNB NorLeste na parte deportiva, xa que de seguido non podíamos deixar Castroverde sin a obrigada degustacion do pulpo a feira. Saude e Billarda sempre!

A seguinte xornada xa o vindeiro domingo 2 de outubro en A Pontenova.

As clasifiacións logo desta primeira xornada quedan asi:

Individual:

  • Sachas (Troitas Bravas) 25 p.
  • Charli, Javi Morán, Manu Pozo e
  • Pablo Lobo (Carabullo, Carabullo,
  • Billardeiros Musicais e Castiñeiro
  • Milenario). 22 p.

Donas:

  • Aroa (Bill. Musicais) 21 p.
  • Irrea (Carabullo) 16 p.
  • Ana (Madia Leva) 14 p.

Equipos:

  • Billardeiros Musicais (Ribadeo) 82 p.
  • Troitas Bravas (A Pontenova) 80 p.
  • Carabullo (Ponte de Outeiro) 77 p.

Infantís:

  • Diego 12 p.
  • Mateu 11 p.
  • Maré (todos Madia Leva)  2 p.