Skip to main content
Axenda CaducadaCospeito

Cospeito acolle este xoves as festas de Feira do Monte

Por 7 Setembro, 2022Setembro 8th, 2022Sin comentarios

A localidade da Feira do Monte celebra este xoves, día 8, as festas na honra á Virxe do Monte. Estas darán comezo ás 11.30 horas con pasarrúas a cargo do grupo Asubíos da Chaira.

Ás 13.30 horas terá lugar o oficio relixioso no que cantará a Coral Municipal Virxe do Monte.

Tamén haberá, como era de esperar, sesión vermú, que estará ao cargo o trío Mar de Arousa, que tamén se encargará de amenizar a verbena, que terá lugar despois da churrascada veciñal prevista para as 20.00 horas.