Skip to main content
Axenda CaducadaPol LUGOXAPol TERRACHÁXA

Rara Avis represéntase este sábado en Pol

Por 20 Setembro, 2022Setembro 24th, 2022Sin comentarios

O Centro Sociocultural de Mosteiro, en Pol, acollerá este sábado una nova actuación teatral con entrada de balde.

Trátase da obra Rara Avis, de Lila Teatro, que poderá verse a partir das 20.00 horas.

Esta función está subvencionada pola Vicepresidencia. Deputación de Lugo no Circuíto de Teatro Profesional.

Paloma é un deses seres que cando camiñan parecen non tocar o chan. Coma se levase unhas ás invisibles adheridas ás suas costas que, ademais de alixerar o seu peso, a dotasen dun halo digamos que “diferente”.

É a través da empatía, a coraxe, a perseveranza e sobre todo do seu particular sentido do humor como Paloma logra reconciliarse co seu pasado, desfrutar do presente e propoñerse un futuro esperanzador.

Ela, coma ninguñén, é capaz de amosar que nunca é tarde para un novo comezo. RARA AVIS fai honra a todas as criaturas excepcionais que buscan o seu lugar no mundo.