Skip to main content
As Pontes

A planta de hidróxeno verde das Pontes, primeiro proxecto estratéxico galego

Por 9 Setembro, 2022Sin comentarios

O Consello da Xunta de Galicia aprobou a declaración do primeiro proxecto industrial estratéxico de Galicia, que será o primeiros da comunidade autónoma. Trátase da iniciativa H2Pole promovida por Reganosa e EDP Renovables España para a implementación dunha planta de hidróxeno verde no concello das Pontes.

Cun investimento de 156 millóns de euros, esta terminal de elaboración de hidróxeno foi concibida para a súa acometida en fases acumulativas de 20, 30 e 50 megawatts de potencia, para, completado o seu desenvolvemento, alcanzar un global de 100 MW. Cunha capacidade produtiva anual de ata 14.400 toneladas de H2 para distribución por cisterna e inxección a hidroducto, espérase que evite mensualmente a emisión á atmosfera de máis de 12.000 toneladas equivalentes de dióxido de carbono.

A materialización do complexo requiriría unha superficie inicial de 35.000 metros cadrados. A súa operación e mantemento xerarían 50 empregos directos e 55 indirectos, mentres que na construción intervirían directamente 186 profesionais máis 52 de maneira indirecta. Na contratación de traballadores e provedores priorizaríanse os do lugar e, particularmente, aqueles afectados polo cesamento de actividade na térmica de carbón.

A primeira gran planta de hidróxeno renovable de Galicia forma parte dunha actuación maior e integral que EDPR e Reganosa impulsan co ánimo de converter Ferrolterra en capital da enerxía verde. O plan inclúe tamén un almacenamento enerxético consistente nunha central hidroeléctrica de bombeo e un complexo eólico composto por catro parques con turbinas de última xeración.

A alianza estratéxica de ambas as compañías, que integra toda a cadea de valor, é a aposta máis ambiciosa realizada ata o momento pola descarbonización da economía en Galicia. Grazas a ela, a contorna dispoñería de acceso continuado a enerxía alcanzable e limpa, o cal constitúe unha fortaleza para a captación e asentamento de industrias estratéxicas, a máis diso para fomentar a sustentabilidade e competitividade do tecido produtivo.

A declaración como proxecto industrial estratéxico enmárcase na filosofía da Lei de simplificación administativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, que busca a captación de investimentos. Permitirá a redución á metade dos prazos mantendo as garantías técnicas, xurídicas e ambientais.

Xunto a este proxecto, tamén iniciou a súa tramitación a planta de pneumáticos de Santury Tire, tamén nas Pontes. Para obter a declaración, os proxectos deben cumprir con dous dos tres obxectivos: un volume de investimento mínimo de 20 millóns de euros, a creación de como mínimo 100 postos de trabalos directos, así como que complementen as cadeas de valor ou pretenzan a sectores considerados estratéxicos e aliñados cos obxectivos da Unión Europea. ou que se integren co financiamento Next Generatios. Segundo explica o documento do Consello de Goberno, H2Pole cumpre co primeiro e co terceiro requisito.