Skip to main content
Xermade

Sotavento abre a reserva de actividades para este curso que comeza

Por 10 Setembro, 2022Sin comentarios

Sotavento abre o día 23  de setembro o proceso de xestión de reserva de actividades para o curso 2022/2023.

A instalación pechou o curso anterior con preto de 11.000 visitantes distribuídos en 570 docentes e 10.334 alumnos e alumnas. Isto supuxo unha media 1.212 visitantes mensuais e 61 persoas por día.

Esta cifra de visitantes é a máis alta rexistrada dende o ano 2013 e significa unha volta á normalidade despois dos efectos negativos da pandemia nos últimos dous anos.

O tipo de colectivo que máis participou nas actividades foron os centros de Educación Primaria e Secundaria, que supuxeron un 83% do total de visitantes, desbancando deste xeito ao grupo de técnicos; máis numerosos durante os anos anteriores.

A maior parte das visitas recibidas foron procedentes da provincia  de A Coruña, un total de 75,  seguidas de Lugo, con 61 e Pontevedra con 29 visitas, 2 de Ourense, 4 do resto de España e  3 visitas internacionais.

Como actividades significativas destacar a participación de Sotavento na III Feira da Enerxía, celebrada en Silleda, a celebración da  IV proba  da Liga Galega de Orientación e a conmemoración do Día do Vento. Ademais, Sotavento continuou realizando distintas accións formativas para diferentes empresas no eido das enerxías renovables.

De cara ao vindeiro curso, Sotavento continuará cunha proposta de educación enerxética en dúas modalidades. Por unha banda a actividade habitual nas instalacións de Sotavento entre os concellos de Xermade e Monfero e pola outra actividades nos propios centros educativos que así o soliciten: unha modalidade  na que educadores e materiais se desprazan aos propios centros e que está a ter unha grande aceptación.

Coma sempre o principal obxectivo das actividades da área educativa de Sotavento é a educación enerxética nun momento no que cobra especial interese tanto pola incertidume enerxética derivada dos conflictos internacionais, como pola crise climática que continua a agravarse.

O teléfono para xestión de visitas é o 981563777.