Skip to main content
Axenda CaducadaXermade

Xermade prepárase para o Encontro de Torneiros da Madeira esta fin de semana

Por 14 Setembro, 2022Setembro 18th, 2022Sin comentarios

O XXII Encontro Internacional de Torneiros da Madeira terá lugar do 16 e 18 de setembro no concello chairego de Xermade, unha actividade organizada pola Asociación Amigos da Madeira, en colaboración coa Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, así como o Concello e Deputación.

A Deputación de Lugo achega 6.000€, a través do Plan Único de Cooperación cos Concellos, para a celebración desta cita co obxecto de continuar coa proxección nacional e internacional que supón para este concello e, desta forma, para toda a provincia de Lugo. 

Este ano, o Encontro de Torneiros contará con demostracións en vivo destes artesáns, así como puntos de venda de distintos produtos artesanais de madeira. Nesta ocasión, contará coa presenza de expertos e profesionais da artesanía, como Patrick Arlot, Paul Hannaby, Georges Baudot e o galego Lolo Castro.

O programa arrancará o venres e seguirá, xunto co sábado, un programa diario entre as 10.30 e as 14.00 pola mañá, e de 16.00 a 19.30 horas pola tarde. Entre esas horas sucederanse os talleres a cargo dos especialistas así como estará aberta a exposición de pezas dos participantes no Encontro, así como a XIV Exposición CONtornos.

O venres terá lugar a unha ponencia sobre a nova lei de artesanía, a cargo de Elena Fabeiro, xerente da Función Artesanía de Galicia. Será ás 11.30 horas na biblioteca municipal. Unha hora máis tarde terá lugar a inauguración oficial do encontro. O sábado manterase o horario pero o domingo terá só de maña´, entre 10.30 e 13.00 horas, cnado rematarán tanto as demostracións, como as dúas exposicións. Xusto ás 13.00 horas terá lugar a clausura oficial do evento.

O alcalde de Xermade destacou que esta cita “enorgullece ao municipio, que se converte no centro internacional deste oficio contando con grandes mestres, e que ademais supón un gran reclamo turístico que redunda na economía da comarca”. Ademais, García Pernas avanzou que o Concello solicitou á administración autonómica a declaración de Festa de Interese Turístico Galego e que agarda obter esta distinción para as vindeiras edicións. Así mesmo, García Pernas explicou que para enxalzar “aínda máis o traballo dos nosos torneiros estamos traballando na creación dun Museo da Tornería no municipio”·