Skip to main content
BurelaLugo

Dúas alumnas lucenses foron recoñecidas pola súa excelencia en 2º curso de Bacharelato

Por 10 Outubro, 2022Sin comentarios

Dúas alumnas lucenses veñen de ser recoñecidas cos premios extraordinarios. que concede o Goberno galego a súa excelencia en 2º curso de Bacharelato no curso 2021/22.

O obxectivo deste galardón é valorar os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo dos estudantes que remataron esta etapa educativa cun sobresaínte resultado académico.

Así, as alumnas recoñecidas son Alba Geada Bernal do IES Monte Castelo de Burela e Antía Castro Díaz do IES Lucus Augusti de Lugo.

Para optar ao premio, convocado pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, os rapaces debían contar cunha nota media no Bacharelato igual ou superior a 8,75 puntos. Así mesmo, os candidatos tiveron que superar unha proba presencial estruturada en dúas partes. 

A primeira dela centrouse na análise e comentario crítico dun texto sobre un tema de carácter xeral, histórico, filosófico ou literario, así como na resposta a cuestións de carácter cultural ou lingüístico sobre un texto na Primeira lingua estranxeira II cursada. A segunda parte consistiu no desenvolvemento de temas, respostas a cuestións ou exercicios prácticos dunha materia, a escoller entre Matemáticas II, Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais II, Latín II e Fundamentos da arte II.

Cada un dos galardoados recibe un premio económico de 1.000€ e un diploma acreditativo. Ademais, a distinción de obter premio extraordinario farase constar nas certificacións académicas que se emitan.

Alba Geada Bernal do IES Monte Castelo de Burela