Skip to main content
Axenda CaducadaO Valadouro

O recital de música, poesía e ciencia, ‘Estrelas no bico, na fronte’ áchégase ao Valadouro

Por 15 Outubro, 2022Sin comentarios

O vindeiro domingo 16 de outubro ás 19.00, a Biblioteca Pública Municipal do Valadouro presenta o acto de divulgación literaria Estrelas no bico, na fronte un cantar protagonizado por Estibaliz Espinosa e acompañado ao piano por Juanma Varela. Este acto, inserido no programa da Rede de Bibliotecas da Xunta de Galicia, Ler Conta Moito consistirá nun recital de música, poesía e ciencia.

En palabras da propia Estibaliz que resume así a actividade: “Se cres que as ciencias e as letras son parte dun mesmo saber común, e que a música lévaas de perlas da man, este é un concerto de libro que anoa poesía e astronomía sen saírmos nin da Vía Láctea nin da galaxia Gütenberg nin da música das esferas.”

Este evento será de acceso de balde no escenario do Salón de Actos da Casa da Cultura Manuel Lourenzo.