Skip to main content
Lugo

Ximena Cheda encabeza a lista no proceso de primarias de Podemos para as eleccións municipais

Por 17 Outubro, 2022Sin comentarios

A agrupación de Podemos Lugo avanza cara a súa participación nas eleccións municipais de maio do 2023. O día 10 iniciouse o proceso de Primarias para as persoas inscritas que queiran ser candidatas nas vindeiras eleccións municipais e posteriormete publicouse o listado das persoas inscritas no ámbito de Lugo para dito proceso de Primarias, coa candidatura a cabeza de lista presentada pola militante Ximena Cheda.

Xunto a Ximena, presentáronse para o corpo da lista outras 10 persoas do Círculo de Lugo, “deste xeito, os compañeiros toman o relevo do gran traballo realizado polas equipas previas”.

As votacións das inscritas levaránse a cabo entre o 28 de outubro e o 3 de novembro, finalizando o día 4 ca publicación dos resultados.

Podemos afirma que “estas candidaturas do Círculo de Lugo nacen cunha orientación de traballo polas persoas que máis o necesitan, feminista e ecoloxista”.

A partires de este momento, o “Círculo de Lugo abre un período de consultas e de escoita activa coa sociedade civil co fin de presentar unha fronte o máis representativa posible a tal proceso electoral municipal do vindeiro ano”.