Skip to main content
Lugo

Lugo acolle un curso sobre xestión integral de piñeiros

Por 28 Outubro, 2022Sin comentarios

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, ten previsto celebrar en Lugo un curso sobre xestión integral de piñeiros. A formación, que terá unha duración total de 40 horas, dará comezo o vindeiro mércores 2 de novembro e se desenvolverá ao longo de 9  días no Centro de interpretación Terras do Miño, en Lugo, en horario de 16.00 a 20.00.

O obxectivo desta formación é ensinar aos alumnos a implantar aproveitamentos complementarios ao madeireiro no sector forestal dos piñeirais produtivos de Galicia. Así, o curso céntrase no aproveitamento resineiro como medio para a xestión integral das masas de piñeiros, co fin de obter madeira de pino de calidade, resina e cogomelos, ademais de expor o gando como medio alternativo para o control do sotobosque.

Esta iniciativa está dirixida en xeral a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como a mozos e mozas do medio rural galego e a persoas con expectativas de incorporación ao sector.

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, a través da formación non regrada e dentro do Plan de formación continua 2022, pretende contribuír á consecución do aumento da competitividade do sector agrícola e forestal tanto a nivel técnico como económico mediante a oferta de cursos coma este.

Cómpre lembrar que a Consellería do Medio Rural conta cun plan de accións formativas e de transferencia para este ano 2022 que pode consultarse neste enlace: . Nesta páxina pode atoparse o referido curso e facer a preinscrición en liña cubrindo os datos necesarios. O coordinador porase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se están ou non admitidas. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 828 620, ou enviarse un correo a distrito.forestal9@xunta.gal.