Skip to main content
Monforte

O alcalde de Monforte presenta proxectos de mellora para cinco rúas do municipio

Por 25 Outubro, 2022Sin comentarios

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola primeira tenente de alcalde, Gloria Prada, e o concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luís Losada, deu a coñecer 5 novos proxectos de mellora en rúas urbanas do concello de Monforte.

Tal e como afirma o rexedor “isto supón a continuación do noso programa de melloras que, sen dúbida, van a dar continuidade ó noso obxectivo de dotar con mellores servizos e mellores infraestruturas ó noso concello, en definitiva, ós nosos veciños e veciñas”.

A suma dos investimentos destinados a estes cinco proxectos supoñen unha inversión de case 180.000 euros.

“Deste xeito” engade o Alcalde, “o Equipo de Goberno deste Concello segue a licitar a contratación de obras, servizos e subministros públicos para seguir mellorando Monforte tal como vimos facendo dende que chegamos ó Goberno fai 7 anos, e que seguiremos facendo para cumprir o compromiso que temos con todos os monfortinos e monfortinas”.

As actuacións comprenden a renovación do firme das rúas Echegaray, Doutor López Suárez, Poeta Manuel María, Saviñao e Pascual Veiga.

No caso da rúa Echegaray ademais da renovación do seu pavimento, será dotada con novas prazas de estacionamento. Na rúa Manuel María, haberá unha novidade na sinalización e que suporá a modificación do tráfico, dado que, para facilitar a circulación, non se poderá estacionar pola marxe dereita entre o comercio dos chinos ata a gasolineira, para que poida haber dobre sentido de circulación, estacionando solo pola marxe esquerda.

O rexedor monfortino resaltou que “o traballo para mellorar o concello non para en ningún momento en todos os seus aspectos, xa sexa no rural, no saneamento, no abastecemento, nos parques nas rúas ou no Polígono”.