Skip to main content
As PontesAxenda Caducada

Títeres na próxima sesión dos Xoves na Biblio das Pontes

Por 26 Outubro, 2022Outubro 27th, 2022Sin comentarios

Esta semana continúan as actividades do Xoves na Biblio no concello das Pontes e que consisten en actividades de fomento da lectura organizadas pola Biblioteca municipal.

Así, este 27 de outubro terá lugar o espectáculo familiar Xogo revolto, a cargo de Trécola Producións. Terá lugar ás 18.00 horas na Casa Dopeso.

Unha proposta de monicreques de fío na que a crianzas se van sentir directamente identificadas desde o primeiro momento xa que o guión está baseado en situacións da súa vida cotiá.