Skip to main content
Axenda CaducadaVilalba

A veciñanza de Sancovade organiza este sábado un magosto

Por 30 Outubro, 2022Novembro 5th, 2022Sin comentarios

A Asociación de Veciños Santiago de Sancovade, en Vilalba, organiza na Frouxeira unha festa de Magosto este sábado, 5 de novembro, que terá lugar a partir das 20.30 horas.

Na sesión, a ademais de castañas, haberá liscos, chourizos, queixo, chocolate e queimada. Será gratis para os socios e os non socios deberán pagar 5 euros.