Skip to main content
Axenda CaducadaXermade

Xermade celebrará o día 31 unha festa de Samaín

Por 27 Outubro, 2022Outubro 31st, 2022Sin comentarios

O Concello de Xermade e a Asociación de nais e pais do colexio local organizan o próximo luns, 31 de outubro, unha festa de Samaín, que terá lugar no pavillón municipal a partir das 17.00 horas.

A celebración contará cun concurso de cabazas e un obradoiro de manualidades de Samaín ademais doutras actividades como unha zona especial de xogos de Samaín e outros de música.

Completarán a festa cunha merenda.

Para participar serán necesario inscribirse con antelación ao 27 e outubro por whastapp no teléfono 678 744 178.