Skip to main content
Axenda CaducadaBurela

A casa da cultura de Burela acolle a mostra de acuarelas, Creaturas

Por 27 Novembro, 2022Novembro 28th, 2022Sin comentarios

Do 5 ao 30 de decembro poderase gozar na sala de arte da casa da cultura de Creaturas, exposición de acuarelas da pintora burelá Mercedes Maseda Pernas.

Unha mostra de variados motivos na que se pode atopar dende casas a animais pasando por retratos, como o de Frida kahlo e Benedicta Sánchez ou paisaxes da zona. A autora inspírase principalmente na natureza e nas súas raíces ligadas a Galicia. Haberá sorpresas, photocall e ata un concurso para a xente que se achegue a vela.

A inauguración terá lugar o luns 5 de decembro ás 18.00 horas.