Skip to main content
CervoComarca AMARIÑAXA

Cervo colabora con Saúde Mental A Mariña para mellorar a calidade dos usuarios

Por 8 Novembro, 2022Sin comentarios

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, recibiron no Concello de Cervo á directora e ao presidente da Asociación Saúde Mental A Mariña, María José Novoa e Jorge Manchado, respectivamente, e fixéronlle entrega dunha axuda nominativa de 20.000 euros “para tentar contribuír a manter a calidade do servizo que prestan desde esta entidade, tanto ás persoas usuarias como ás familias”. 

Esta axuda incrementouse en 5000 euros neste exercicio, pasando de 15.000 a 20.000 euros. 

Tal e como precisaron “a relación entre a dirección do centro e o Concello é moi fluída e estamos en permanente contacto para atender, na medida das nosas posibilidades as súas demandas, poñendo a disposición os medios humanos e materiais que requiren, sempre que nos é posible”.

O rexedor aplaudiu o gran labor do centro e o extraordinario traballo  do seu cadro de persoal dirixido a favorecer a integración deste colectivo na contorna comunitaria, dando apoio ás familias e prestando servizos de rehabilitación psicolóxica e social, a través dunha atención integral.

O Centro abriu as súas portas no ano 2013; sendo o de Cervo, o único centro destas características da provincia de Lugo, e un dos catro que existen a día de hoxe en toda Galicia.