Skip to main content
CervoDeportes AMARIÑAXA

Cervo suma dous novos equipos federados de voleibol en sénior masculina e xuvenil feminina

Por 12 Novembro, 2022Novembro 13th, 2022Sin comentarios

Cervo suma dous novos equipos federados de voleibol nas categorías sénior masculina e xuvenil feminina que están integrados no Club Deportivo San Ciprián. 

O rexedor, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, David Rodríguez, participaron na presentación, no Pavillón da Veiga, dos dous cadros  que están conformados por 14 xogadores no caso do equipo masculino –que militará na Primeira Galega- e por 15 xogadoras  no caso do feminino -que competirá na Terceira galega-. Ambos conxuntos están liderados por Samuel Donker, que participou tamén no acto de presentación, xunto co equipo técnico e o presidente do Club, Eduardo Rubal.

Villares e Rodríguez quixeron darlle os parabéns ao Club Deportivo San Ciprián e a todo o corpo técnico por ampliar así a oferta deportiva federada do municipio, dando resposta deste xeito ao interese crecente “que vimos detectando nos últimos tempos por esta disciplina xa que este último curso máis de 70 mozos e mozas practicaron volei no seo das escolas deportivas municipais”. Coa creación destes equipos federados, os únicos da Mariña neste deporte, todos estes nenos e nenas que cada ano se forman nas Escolas, “terán a oportunidade de dar no futuro o salto á competición da man do Club Deportivo San Ciprián e continuar practicando este deporte”, engadiron.

O equipo masculino do Club Deportivo San Ciprián estréase este mesmo sábado na competición como visitante ante o Club Voleibol Pontevedra, ás 19:00 horas. Pola súa banda, o cadro feminino comezará a súa liga o vindeiro 19 de novembro.