Skip to main content
Alfoz

O PP de Alfoz continúa reforzándose coa constitución dunha xestora

Por 12 Novembro, 2022Sin comentarios

O Partido Popular da Provincia de Lugo continúa a reforzar as agrupacións locais co obxectivo de crear alternativas de cara ás eleccións municipais do 2023. O presidente da xestora, Alberto Souto, destaca que a principal liña de traballo é “a escoita activa cos veciños e coas asociacións para defender os seus intereses”.

Despois de ser nomeado recentemente presidente da xestora, Souto deu a coñecer os nomes que conformarán o seu equipo de traballo: como vicepresidenta, Raquel Rouro, de secretaria contarán con Andrea Fernández, Nerea Pena como tesoureira e como vogais Antonio Ramos, Marco Fernández, Rubén Fraga, José Juan Lorenzo, Jessica García e Iván Fernández, tendo así unha ampla representación do partido de Alfoz.  

A constitución da xestora tivo lugar nunha xuntanza celebrada na localidade e na que participaron varios representantes da dirección provincial dos populares, o coordinador xeral José Manuel Balseiro e o secretario xeral Javier Vázquez Nodal, que agradeceron “o compromiso de traballo dos integrantes da xestora”.

“Son xente con moitas ganas e ilusión por traballar en positivo por Alfoz. Temos como obxectivo principal escoitar aos nosos veciños para resolver os problemas que hai nas parroquias e o Concello. Entre todos seguro que podemos facer un municipio mellor para todos os veciños”, apunta Souto.