Skip to main content
Cervo

O alcalde, Alfonso Villares repite na presidencia do PP de Cervo

Por 27 Novembro, 2022Sin comentarios

O alcalde, Alfonso Villares Bermúdez repite na presidencia do PP de Cervo como resultado do congreso celebrado polo Partido Popular desta localidade da montaña lucense, cunha candidatura única. Ao congreso asistiron, entre outros membros da dirección provincial, o coordinador xeral e portavoz, José Manuel Balseiro, e o secretario xeral, Javier Vázquez Nodal. Dende a dirección provincial sinalan que o partido actualízase e refórzase de cara ás eleccións municipais, para conseguir de novo o goberno municipal, pero con resultados aínda mellores que nas anteriores eleccións locais.

A dirección popular que sae deste congreso e ampla a moi representativa. Villares explica que “é unha lista aberta a todos os que queiran traballar por Cervo, integramos novas persoas que se integran ao noso proxecto político onde se conxuga experiencia e xuventude”. Así, a xunta directiva estará composta por integrantes con ganas de traballar por Cervo cun proxecto político sólido con máis de 20 anos co apoio e as confianzas dos veciños.

Villares Bermúdez insiste en que enfronta o novo período como presidente do PP local con humildade e moitas ganas de traballar. E afondando na escoita activa cos veciños, para coñecer as inquietudes e os problemas reais a través da proximidade. Desta maneira o grupo popular quere devolver con resultados e solucións o apoio e a confianza de todos os veciños da localidade.