Skip to main content
Lourenzá

A restauración da igrexa do Mosteiro de San Salvador de Lourenzá entra nunha nova fase

Por 15 Novembro, 2022Novembro 16th, 2022Sin comentarios

As obras de restauración da igrexa do Mosteiro de San Salvador de Vilanova de Lourenzá entraron nunha nova fase. Agora céntranse na renovación da obsoleta instalación eléctrica do templo.

Para iso levantáronse coidadosamente algunhas laxas do pavimento e tras o control arqueolóxico das gabias instaláronse os tubos para ocultar así o cableado.

Xa a finais do verán a lanterna da cúpula da igrexa do Mosteiro, parecía presentar problemas estruturais que provocaran o desprendemento de anacos de pedra da súa cornixa interior. Polo que tras un proceso de análise das patoloxías, os técnicos de Parteluz Estudo confirmaron que a estrutura era totalmente estable e que presenta soamente problemas de disgregación de pedra asociados a unhas grampas de ferro colocadas durante a súa construción que se atopaban oxidadas.