Skip to main content
Mondoñedo

Imparten en Mondoñedo un curso de elaboración de conservas artesanais

Por 3 Novembro, 2022Decembro 13th, 2022Sin comentarios

A Reserva da Biosfera Terras do Miño, que xestiona a Deputación, en colaboración co GDR Terras de Miranda e o Concello de Mondoñedo, realizará un Curso de Elaboración de Conservas Artesanais.

Este obradoiro impartirase en Mondoñedo no local da Asociación de Veciños San Andrés de Masma ubicado na Seara 26. Será os días 25 e 26 de novembro, sendo o venres 25 de 16.00 a 20.00 horas e o 26 de 10.00 a 14.00 horas.

Existe un limite de prazas polo que compre anotarse mandando un email a terrasmiranda@gmail.com.

Estas iniciativas ofrécense de forma totalmente gratuíta, co fin de ofrecer unha alternativa lúdica e formativa e promover os valores naturais e medioambientais existentes na Reserva.

A través deste curso, aportaranse os coñecementos prácticos e teóricos que permitan ós alumnos elaborar conservas de alimentos seguras e concienzalos sobre a necesidade da aplicación das boas prácticas.

Ademais, capacitarase ós alumnos para que poidan elaborar conservas de verduras seguras. O envasado é un método de preservación dos alimentos polo cal quedan protexidos ante xermes patóxenos, mediante a esterilización ou pasteurización, sempre acompañada do control de pH e/ou actividade de auga.