Skip to main content
Axenda AMARIÑAXAViveiro

Primeiras confirmacións do Resurrection Fest do 2023

Por 30 Novembro, 2022Sin comentarios

A organización do Resurrection Fest deu a coñecer as primeiras bandas para o festival do ano 2023 que se celebrará en Celeiro do mércores 28 de xuño ao sábado 1 de xullo.

Así, o grupo estadounidense Pantera, é a primeira confirmación do festival viveirense, no que mañá día 1 de decembro ás 14.00 horas poranse á venda os primeiros tickets.

A banda está considerada como unha das bandas fundamentais para asentar as bases do groove metal e unha das máis influentes formacións de metal da década dos 90. Pantera foi incluída en numerosas listas de importancia dentro da historia do heavy metal e do hard rock, chegando ó quinto posto da lista da MTV das 10 mellores bandas de heavy metal da historia, así como aparecer no posto número 45 da lista de VH1 acerca das 100 mellores bandas de hard rock.

A eles uniranse a banda estadounidense de metalcore procedente de Los Ángeles, The Ghost Inside; os suecos The Baboon Show; a banda de Heavy metal francesa Rise of the Northstar; a banda de hardcore punk Harm’s Way; o grupo alemán Slope e a banda navarra de hardcore melódico Corrosive.

Tamén confirmouse as actuacións dos británicos Architects, os estadounidenses de metal progresivo Born Of Osiris, os madrileños Brothers Till We Die, os xaponesés Paledusk, os británicos Polar, os suecos Dead By April.

A eles seguen os rockeiros americanos Fever 333, a banda de hardcore-punk neoiorkina Madball, o británica dúo de rock electrónico  duo Wargasm UK, os alemáns de metal electrónico Ghøstkid; á banda de versións de punk-rock Me Fritos & The Gimme Cheetos, a rock band de Madrid Oscuro Culto, os polacos Behemoth,os noruegos Carpathian Forest,os austríacos Belphegor, os brasileiros Nervosa, os daneses Baest, eaos galegos Dark Embrace.

Tamén están confirmados os californianos Black Flag, os asturiáns Desakato, os ingleses Employed To Serve, os parisinos Lion’s Law, Escuela de Odio, os estadounidenses Spiritworld, os xaponeses Mono , os americanos Coven, os berlineses Lucifer, os gregos 1000 Mods, os vascos The Inspector Cluzo e os daneses Konvent.

Únense a esta gran lista SLIPKNOT, Motionless In White, Landmvrks, As Everything Unfolds, Megara, Deleiba, Lampr3a, os suecos GHOST, Amenra, Alcest, Sylvaine, Sangre de Muérdago, Exxasens, Rosy Finch, Meshuggah, Amaranthe, Orbit Culture, Parasite Inc, Cemican, Evil Impulse, Hatebreed, H2O, Brutus, Kublai Khan TX, Jesus Piece, Youcanthide, Papa Roach, Butcher Babies, Sleep Token, Nothing More, Attila, Morphium, Powerwolf, Lacuna Coil, Evile, Wind Rose, Imperial Triumphant, Diabulus In Musica, Alter Bridge, Perturbator,Blind Channel, Vended, Man With A Mission, Ktulu, Alter Bridge, Perturbator, Blind Channel, Vended, Man With A Mission, Ktulu, Kadavar, Hällas, DVNE, Steak, Florence Black, e Rodeo.