Skip to main content
Castroverde

Nova zona de concentración parcelaria en Castroverde

Por 11 Novembro, 2022Sin comentarios

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe un decreto da Consellería do Medio Rural polo que declaran de utilidade pública unha nova zona de concentración parcelaria no concello de Castroverde.

Así, este novo decreto de concentración parcelaria declárase mediante a Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia (Metaga), que busca aumentar a base territorial das explotacións e reducir considerablemente os seus custos de produción.

Precisamente, cabe sinalar que este proceso foi solicitado por titulares de explotacións e apoiados polo Concello. Na parroquia de Riomol, hai un total de 31 explotacións de aí a necesidade de reorganizar o territorio para mellorar as condicións estruturais, técnicas e económicas das explotacións agrarias da zona.

A través deste proceso vaise mellorar a estrutura territorial da zona que afectará a unha superficie total 494 hectáreas, repartidas en 1.192 parcelas propiedade de 143 veciños.