Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

A obra ‘El aguafiestas’ chega a Lugo en decembro

Por 16 Novembro, 2022Sin comentarios

O auditorio municipal Gustavo Freire acollerá a representación da obra teatral El aguafiestas, que protagonizan os famosos cómicos Josema Yuste e Santiago Urrialde, xunto a outros catro recoñecidos actores coma Maribel Lara, Vicente Renovell, Kiko Ortega e Arturo Venegas.

A representación terá lugar o venres 9 de decembro ás 20.30 e as entradas xa están a venda en ataquilla.com.

El aguafiestas conta a historia de Sergei, un asasino a soldo que se hospeda nun hotel para poder cumprir co seu rifle desde a xanela un dos seus encargos. Pero a súa tarefa verase constantemente interrompida por Ramón (Santiago Urrialde), o hóspede da habitación contigua. Un home moi, pero que moi pesado, que pretende suicidarse despois de que a súa muller o abandonara.

Escrita polo francés Francis Veber, un dos dramaturgos máis recoñecidos en Europa, autor do clásico do humor La cena de los idiotas, chega agora a nova versión desta comedia de éxito baixo a dirección de Marcelo Casas.

Según palabras do director esta obre reúne todos os ingredientes fundamentais da comedia de situación para facer chegar e crear no espectador o desfrute continuado e las risas aseguradas durante toda la representación.