Skip to main content
Navia de Suarna

Navia de Suarna acolle a presentación do libro ‘Os Ancares en outono’

Por 9 Novembro, 2022Decembro 12th, 2022Sin comentarios

A Asociación Irmandade Naviega presenta este sábado 12 de novembro o libro Os Ancares en outono. O encontro terá  lugar ás 18.00 na casa do Concello de Navia de Suarna e todos os asistentes á presentación contarán cun libro de agasallo.

Os Ancares en Outono, impulsado pola Asociación Veciñal Irmandade Naviega e coordinado por Toño Núñez e un libro que reúne textos e fotografías e conta coa participación de 20 escritores e escritoras e 14 fotógrafos e fotógrafas.

Textos e imaxes que aportan unha mirada dende a sensibilidade e achegan ao lector ao patrimonio material e inmaterial dos concellos de Navia de Suarna, Becerreá e Cervantes.