Skip to main content
Chantada

Chantada acolle hoxe a presentación da novela Gotas de Esperanza, de Fernando Hernández

Por 4 Novembro, 2022Novembro 5th, 2022Sin comentarios

Hoxe ás 19.00 horas terá lugar no Espazo Xove Chantada, a presentación da novela Gotas de Esperanza de Fernando Hernández González.

Fernando Hernández González, natural de Monforte de Lemos, estudou Criminoloxía nas Universidades de Santiago de Compostela e Salamanca e a súa paixón pola lectura levouno a avaliar a súa capacidade creativa coa narración da súa novela Juguetes de lo desconocido autoeditada que sen apenas publicidade nin presentacións, chegaba ata case catrocentos lectores.

Na súa segunda incursión no mundo da creación literaria tivo lugar con Fotogramas de una vida e a súa corta peregrinación por estes camiños artísticos remata con esta novela, Gotas de esperanza, sen outra pretensión máis que a de dar a coñecer a vida de Margarida Botana, unha muller como calquera das posibles lectoras, se non fora polo insólito de que esconde a súa voz.

Do mesmo xeito, e durante os meses de novembro e decembro, neste espazo as mozas e mozos de entre 12 e 18 anos poderán desfrutar de actividades coma robótica, rap, maquillaxe artística, teatro, escape room, danza moderna, xadrez, xogos de mesa ou break dance que terán lugar durante a semana de 17.00 a 19.00 horas e tamén algún sábado á tarde.

Para realizar as inscricións e consultar os horarios ó completo pódese chamar ó 982 87 02 58, enviar un correo electrónico ó enderezo espazoxovechantada.xuventude@xunta.gal ou acudir persoalmente ó Espazo Xove. Por suposto, as actividades son gratuítas e non se precisa achegar ningún material.