Skip to main content
Chantada

Chega a Chantada a sétima Andaina polo Corazón de Galicia

Por 9 Novembro, 2022Novembro 10th, 2022Sin comentarios

Esta proba que terá lugar o domingo día 13 ten a súa saída da Adega Finca Scintilla, e está prevista para ás 10.30 horas. Nela se percorrerá unha distancia total de 12 quilómetros.

Esta edición número sete da Andaina polo Corazón de Galicia é un roteiro circular de dificultade baixa, organizado por polo equipo deportivo Atletismo Chantada.

A entrega do identificador alusivo á andaina realizarase o propio domingo de 9.00 a 10.15 horas na adega Finca Scintilla. Será obrigatorio colocalo nun lugar visible e non poderá ser manipulado para facer uso de tódolos servizos establecidos pola organización.

A proba discorrerá por pistas, bosques e ribeiras de Chantada facendo desfrutar ós participantes dunha paisaxe inigualable.

As inscricións están abertas ata este venres 11 ás 23:59 horas e poden realizarse no seguinte enlace https://ccnorte.com/evento/inscribirme/id/2432