Skip to main content
Chantada

O espectáculo Xogar e aprender en galego mola chega hoxe a Chantada

Por 26 Novembro, 2022Novembro 28th, 2022Sin comentarios

O Concello de Chantada organiza esta tarde ás 12.00 horas na Biblioteca Municipal, o espectáculo Xogar e aprender en galego mola de Deza Music.

Trátase dunha actividade deseñada dentro da programación da Rede Galega de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia de 2022 que conta coa colaboración e coordinación do Concello de Chantada.

É un espectáculo gratuíto dirixido a un público infantil e familiar de carácter participativo, que inclúe música, xogos, concursos e moita diversión.

O Concello de Chantada e Deza Music realizan esta actividade co obxectivo de promover o uso da lingua galega, e forma parte do proxecto cultural TeCe redes en galego do Fondo Xacobeo 2021-2022 da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Genma Pardo será a encargada de levar a cabo esta actividade.