Skip to main content
Monforte

Participa esta tarde no espectáculo Xogar e aprender en galego mola, en Monforte

Por 22 Novembro, 2022Novembro 23rd, 2022Sin comentarios

O Concello de Monforte organiza esta tarde ás 18.00 horas na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, o espectáculo Xogar e aprender en galego mola de Deza Music.

Trátase dunha actividade deseñada dentro da programación da Rede Galega de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia de 2022 que conta coa colaboración e coordinación do Concello de Monforte de Lemos.

É un espectáculo gratuíto dirixido a un público infantil e familiar de carácter participativo, que inclúe música, xogos, concursos e moita diversión.

O Concello de Monforte e Deza Music realizan esta actividade co obxectivo de promover o uso da lingua galega, e forma parte do proxecto cultural TeCe redes en galego do Fondo Xacobeo 2021-2022 da Secretaría Xeral de Política Lingüística.