Skip to main content
Monforte

Desfruta mañá en Monforte coa obra teatral 1888, A señorita Xulia

Por 23 Novembro, 2022Sin comentarios

O teatro volve ser protagonista da actividade cultural deseñada polo Concello de Monforte no segundo semestre deste ano 2022 cunha nova peza teatral que ademais está incluída no programa de actividades do 25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Deste xeito, dentro do Ciclo da Rede de Teatros e Auditorios da Xunta, maña xoves 24 de novembro ás 20.15 horas no Edificio Multiusos terá lugar a posta en escena da obra para adultos 1888. A señorita Julia, da compañía Estudo Momento, obra dirixida e interpretada por Xoán Carlos Mejuto e Iria Ares.

É unha obra dirixida a público adulto, cun prezo de 5 euros a entrada xeral e de 3 euros para estudantes, desempregados e xubilados.

Sinopse

Adaptación do clásico de August Strindberg, 1888. A señorita Xulia decide aproveitar unha ausencia do seu pai, o Conde, para organizar unha festa secreta cos criados. Durante a velada, seduce a Xoán, criado predilecto do Conde. Os dous amantes caen nun perigoso xogo de paixón, violencia, inocencia e amor. Dúas criaturas brillantes, vítimas do condicionamento social e moral dos seus mundos, tan diferentes.

O texto de Strindberg sorprende -e atemoriza- por actual e contundente. É posible a igualdade entre home e muller? Entre ricos e pobres? Entre rei e escravo?

Tralo éxito de 1879. Casa de Bonecas, Premio Luísa Villalta pola Igualdade en 2018, Estudo Momento volve demostrar o seu compromiso co feminismo, rescatando un clásico para seguir afondando na ardua tarefa de construír un futuro mellor, no que as mulleres sexan quen de pensar e vivir por elas mesmas.

A seguinte e derradeira obra do ciclo de teatro do Concello de Monforte estará dirixida a público infantil e familiar será a protagonizada polo Mago Teto baixo o título Alquimia,  que terá lugar o domingo 4 de decembro no Edificio Multiusos ás 18.00 horas, sendo o prezo da entrada xeral de 5 euros e de 3 euros para estudantes, desempregados e xubilados.