Skip to main content
Quiroga

Dúas asociacións de Quiroga visitan este domingo Santiago de Compostela

Por 16 Novembro, 2022Novembro 17th, 2022Sin comentarios

A Asociación San Bartolomé de Hospital e a Asociación Socio-Cultural da Comarca de Quiroga, con motivo do Ano Santo Compostelano 2022, organizaron unha excursión a Santiago de Compostela este domingo día 20 de novembro.

O prezo da excursión é de 34 euros, no que se inclúen os desprazamentos en autobús, entrada para a visita no grupo do Pórtico da Gloria, Museo catedralicio e Palacio de Xelmírez e comida no restaurante Parrillada Mallo.

A saída terá lugar as 7.30 horas da mañá dende a Praza de España e a saída dende Santiago de Compostela será ás 19.45 horas.

Hai 30 prazas dispoñibles que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición, debéndose pagar la totalidade do importe no momento en que se formalice a mesma.

Os lugares para apuntarse son: para a Asociación Socio-Cultural de Quiroga a libraría Celia e para a Asociación San Bartolomé de Hospital o bar-restaurante Ferreiriño.

O prazo de inscrición finaliza maña xoves día 17 de novembro.

En caso de que o socio inscrito finalmente non poida asistir, devolveráselle o 70 % do importe abonado (24euros).