Skip to main content

Sarria acolle hoxe os encontros da III Copa Deputación de Fútbol Sala, patrocinada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.  O pavillón do Chanto vivirá unha xornada de fútbol sala, que arrancará coas semifinais de Primeira División Masculina durante a mañá, e que se completará coa disputa das finais de Segunda División Masculina, Primeira División Feminina e Primeira División Masculina.

O deputado de Deportes Efrén Castro animou a “todos os afeccionados e afeccionadas a achegarse ata Sarria para dar azos aos equipos participantes e disfrutar dun deporte no que, máis aló de grandes referentes no fútbol profesional como o Burela FS, Lugo ten unha posición moi destacado con varios clubs que compiten nas primeiras categorías galegas e que fan unha aposta importante polo deporte feminino e pola base.  O obxectivo de competicións como a Copa Deputación é seguir incentivando ese traballo a través do recoñecemento social e tamén das achegas económicas”

As finais poñerán o broche a unha competición que se retomou despois de dúas temporadas  e que  na que participaron 35 equipos de 3ª División Nacional Masculina, Preferente Masculina, 1ª e 2ª Autonómica Masculina, Preferente Feminina e 1ª Autonómica Feminina.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo financia a organización da competición cun orzamento que se distribúe entre  todos os equipos con premios por participacion, en función dos partidos disputados e das eliminatorias superadas (entre 220 e 340 euros), e un premio adicional para aos equipos campións e subcampións de cada categoría (entre 400 e 750 euros)

Horarios

Semifinais

  • Primeira División Masculina
    10:30 horas, Concello de Begonte FS – Guitiriz FS
    12:30 horas,  SD Xove FS – Outeiro de Rei SD

Finais

  • Segunda División Masculina
    16:00 horas, Parrillada Porta Santiago FS – ADC Lugo Sala
  • Primeira División Feminina
    18:15 horas,  Concello de Begonte FS – Vilalba FS
  • Primeira División Masculina
    20:30 horas: Por determinar