Skip to main content
O Incio

Chegan ó Incio as clases de pilates e zumba

Por 2 Novembro, 2022Novembro 3rd, 2022Sin comentarios

Comezan a impartirse no Incio as actividades de pilates e zumba cun prezo de 5 euros o mes para tódolos os interesados.

Pilates impartirase nas parroquias de Val do Mao e Vila de Mouros. Na primeira delas, os luns ás 16.30 horas e os xoves ás 17.00 e en Vila de Mouros, as clases terán lugar os martes e venres ás 17.00 horas.

Con respecto ás clases de zumba, serán impartidas no Incio os sábados ás 20.00 horas e os dous últimos venres do mes do mes ás 20.00 horas.

Aínda hai prazas dispoñibles e todo aquel que o desexe pode anotarse no concello ou ben chamando ó teléfono 982 427 014.

As disciplinas

O pilates é un método de adestramento que tivo a súa orixe nos anos 40 malia que non foi os 90 cando se puxo de moda en España. Converteuse nunha das prácticas favoritas en canto a deporte se refire e non é para menos xa que axuda a mellorar a nosa condición física e mental.

O método pilates é un conxunto de movementos controlados para o corpo e a mente que se realizan sobre colchóns e máquinas de pilates deseñadas especialmente para unha correcta execución. Serve para lograr un equilibrio e mellorar a nosa musculatura, flexibilidade e axuda á nosa paz mental.

Con respecto ás clases de zumba, esta é unha disciplina fitness creada a mediados dos 90 enfocada por unha parte en manter un corpo saudable e pola outra, en desenvolver, fortalecer e dar flexibilidade ó corpo mediante movementos de baile combinados cunha serie de rutinas aeróbicas.

Dentro das súas rutinas son empregados ritmos latinoamericanos de popularidade rexional coma a salsa, o merengue, a cumbia, a bachata ou o reguetón.