Skip to main content
O Páramo

O Páramo pon en marcha unha campaña de compostaxe nos domicilios

Por 25 Novembro, 2022Novembro 26th, 2022Sin comentarios

O Concello do Páramo desenvolve unha campaña de compostaxe domiciliaria destinada a 60 vivendas do termo municipal.

Hoxe venres 25 de novembro en horario de 10.30 a 13.30 horas, habilitarase no entorno do Campo da feira un punto informativo atendido por monitores ambientais especialistas en xestión sostible dos residuos para que os veciños e veciñas interesados se informen e inscriban na campaña. Esta acción complementarase coa colocación doutro punto informativo no mesmo emprazamento o venres, día 2 de decembro, de 10.30 a 13.30 horas.

Os veciños e veciñas interesados en adherirse á campaña e adquirir un composteiro de forma totalmente gratuíta, poderán solicitalo nos stands informativos habilitados ou no teléfono do concello 982 53 91 56.

Esta é unha acción que desenvolve o Concello do Páramo en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia – no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.