Skip to main content
As PontesAxenda Caducada

O circuíto de kárting acollerá o III Slalom Vila das Pontes

Por 5 Novembro, 2022Sin comentarios

O Automóvil Club As Pontes, organiza o lll Slalom Vila de As Pontes trofeo Rovil Studio o día 12 de novembro de 2022, unha proba de carácter nacional, puntuable para o Campionato de Galicia de Slalom.

Un slálom é unha proba de habilidade ó volante, que se desenrolará sobre un pavimento plano, asfaltado, encementado ou co 20% en superficie en terra, que comporta cambios de dirección marcados preferentemente por obstáculos, como conos ou portas.

Poderán participar toda clase de vehículos de turismo, con carrocería pechada ou teito duro, dun mínimo de dúas prazas e que estean homologados, que proveñan de series de fabricación e en posesión da ITV e seguro obrigatorio (SOA).

As solicitudes de inscrición admitiranse ata o domingo 7 de novembro ás 20:00 horas. A relación completa de inscritos, coa adxudicación do número de orde, será aprobada e autorizada polo habilitado da Federación Galega de Automobilismo, despois de comprobar tódalas directrices, para a súa publicación con tres días de antelación ó comezo da proba.

As solicitudes de inscrición deberanse remitir vía e-mail a inscripcions@automovilclubaspontes.com

O circuíto de asfalto plan redial nacional, estará emprazado no Circuíto de Kárting das Pontes.

Celebraranse 3 mangas cronometradas, unha manga de adestramentos-recoñecemento, e dúas oficiais. A participación na manga de adestramentos será obrigatoria sen penalizacións.

As dúas mangas oficiais serán obrigatorias e para establecer a clasificación final, só se tomará o tempo acadado na mellor das dúas mangas disputadas polo participante, e sempre con penalizacións incluídas.

Haberá premios para os 6 primeiros clasificados, que van dende os 320 euros do gañador aos 80 euros do último en puntuar, o que supón un total de 930 euros.