Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

Veciños de Rábade quéixanse do estado de Camiño José Pardo

Por 29 Novembro, 2022Novembro 30th, 2022Sin comentarios

Varios veciños do Camiño José Pardo manifestaron o seu malestar polo estado no que se atopa a vía, que forma parte do entramado urbano desta localidade.

Son varias as casas unifamiliares desta zona que teñen como único acceso e que se atopan chegas de fochancas que se enchen de auga nos día de choiva.

Os veciños reclaman que se repare esta zona, como se fai no resto de vías.

A rúa está composta dunha zona pavimentada máis recentemente e doutra que non ten saída, que está en  moi mal estado.

A esta rúa accédense dende a rúa José Pardo, unha das máis emblemáticas da localidade chairega.