Skip to main content
Cervo

Cervo terá un amplo programa para todos os públicos durante as festas de Nadal

Por 10 Decembro, 2022Decembro 11th, 2022Sin comentarios

Cervo presenta un amplo programa para as festas de Nadal no que conta cunha completa axenda de eventos e actividades dirixidas a todos os públicos.

A programación iníciase este sábado 17 de decembro coa celebración do Mercado de Nadal na praza do Souto de 11.00 a 20.00 horas, e continuará o domingo co XIV Campionato de Nadal de Nihon TaiJitsu ás 11.00 horas no pavillón. Durante todo o día haberá pasarrúas do grupo Dambara de Burela e comezarán as visitas de Papá de Noel, nesta ocasión ao local social de Trasbar ás 17.00 horas.

O mércores 22 Papá Noel estará nos centros escolares do Concello, o día 23 o será a quenda dun tren infantil na carpa instalada na praza dos Campos e pola noite poderase desfrutar dun concerto de jazz.

O 24 tamén haberá tren infantil e a celebración da Noiteboa infantil en Cervo organizada pola Fervenza de Sargadelos. O 26 haberá unha festa acuática infantil na piscina de Lieiro ás 17.00 horas e pola noite o primeiro dos preconcertos do CalloFest e O Son do Nordeste.

O martes 27 será a sesión de Lasertag ás 16.30 horas na carpa da praza dos Campos e volverá a música pola noite d Son do Nordeste e o pre-Callofest cos Botafumeiros. Xa o 28 Fran Boza fará desfrutar ao público cos seus malabares ás 18.30 horas e pola noite volverá a música do pre-Callofest con Joni Ramos & Sunday Morning Club.

Na xornada do 29 de decembro Rudi Rudi: Clowntaminación estará ás 18.30 na praza do Souto e pola noite The Lazy Bones serán o derradeiro concerto pre-Callofest, pois o venres 30 comezará o festival na praza dos Campos organizada polos amigos da Troula.

O último día do ano, o 31 de decembro, os Veciños do Burgo de Trasbar organiza no seu local un brindis de Fin de ano ás 19.00 horas e pola noitiña a festa de Aninovo desprazarase ata a praza dos Campos.

Xa en xaneiro volverán as actividades para nenos coa colchoneta Tubby os días 2, 3 e 4, e os contacontos de Rilo & Penadique o día 2 e o concerto de The Versionettes o día 3 na praza do Souto, e a gala de Nadal o día 4 na praza do Campos ou no auditorio.

Os Reis Magos, como non podería ser doutro xeito, teñen tamén moito protagonismo nesta programación, por iso o 5 de xaneiro os pequenos da casa poderán desfrutar das Súas Maxestades de Oriente dende San Cibrao e ata Cervo.

Por último, o sábado 7 de xaneiro, será a quenda dun espectáculo infantil musical ás 12.30 horas e do teatro ás 20.30 horas co grupo O Bordelo. O domingo 8 haberá unha actuación de maxia a cargo de Dani García na praza do Souto.