Skip to main content
Viveiro

Nova edición do Concurso de Decoración de Nadal do CCH de Viveiro

Por 10 Decembro, 2022Sin comentarios

O Centro Comercial Histórico de Viveiro organiza por terceiro ano o Concurso de Decoración de Nadal que consistirá en decorar e ambientar con motivos desta época as fachadas, escaparates e interiores dos locais.

Poderán participar todos os veciños e establecementos que queiran malia tan só poderán presentar un só traballo por persoa ou establecemento.

O xurado visitará e valorará os balcóns, fachadas e comercios antes do día 30 de decembro e o seu fallo farase público ese mesmo día ás 19.00 horas.

Para participar será necesario inscribirse na oficina do CCH antes do 23 de decembro ou por teléfono no 982 550 707, por Whatsapp no 650 506 717 ou por email a info@viveirocentro.com.

Haberá tres premios por categoría que serán 150 euros para o primeiro, 100 euros para o segundo e 50 para o terceiro, os tres na categoría veciños. Na de comercios serán 100 euros para cada un dos tres gañadores. Ademais todos eles recibirán unha placa distintiva.