Skip to main content
Axenda CaducadaQuiroga

Quiroga celebra o Concerto de Nadal este sábado

Por 16 Decembro, 2022Sin comentarios

No marco das actividades de Nadal do Concello de Quiroga, este sábado ten lugar o Concerto de Nadal, un festival en que actuarán tres grupos musicais: Banda de Gaitas “San Martiño”, Coral Polifónica de Quiroga e o alumnado de guitarra e piano.

O evento, que se celebrará no Auditorio Municipal ás 19.00 horas, tamén recollerá a entrega de premios do Concurso de Postais de Nadal e do Certame de Poesía Nadal 2022.

No mesmo lugar, o domingo seguirán as actividades e poderase desfrutar dunha exhibición de baile moderno na que colabora a Anpa do CEIP de Quiroga.