Skip to main content
BecerreáLugoMonforteSarria

Varias asociación organizan Vibrisas Solidarias para recadar fondos para mascotas sen fogar

Por 20 Decembro, 2022Sin comentarios

A primeira edición e Vibrisas Solidarias terá lugar mañá na Ferretería Eventos & Co dende as 16.00 ata as 21.00.

O obxetivo de este evento solidario e recadar fondos para mascotas sen fogar das diferentes asociacións que participan. Este ano son Alma Animal Lugo, Michos, Huellas de Sarria, AGAE (exóticos de Galicia), Miau Lemos de Monforte e O Refuxio de Becerreá.

A xornada contará cun mercadillo solidario onde algunhas das protectoras da comarca traerán cousas para regalar estas festas. Tamén haberá un obradoiro infantil de manualidades e a posibilidade de realizar unha foto solidaria coa tua mascota.

Durante a tarde haberá tamén unha charla para aprender a coidar as marcotas e unha gran chocolatada con bizcoito.

Tamén se pode colaborar levando pienso, roupa, correas ou calquera cousa que se poda donar para que os peludos pasen un mellor Nadal.

Unha oportunidade única de desfrutar  unha tarde co teu peludo e axudar aos que máis o necesitan.