Skip to main content
Portomarín

Os Socialistas de Portomarín piden ao alcalde regularizar as contas do Concello

Por 28 Decembro, 2022Sin comentarios

A voceira Socialista, Silvia Rodríguez, tras ser citada a unha Comisión Especial de Contas co fin de realizar a rendición da Conta Xeral do ano 2021 declara que “a veciñanza de Portomarín non merece un alcalde en prácticas e que ande a remolque esperando polas iniciativas do PSdeG”.

Advirte de que “foi o Grupo Socialista de Portomarín o que rexistrou esta mesma semana unha moción para tramitar este documento económico, e tratar así este asunto na vindeira sesión plenaria”, explicou.

Sinala ademais que Galicia “conta con normativa autonómica que impide o acceso a axudas e subvencións públicas se a entidade local non cumpre coa rendición de contas”. A voceira remarcou que o Concello de Portomarín “xa
superou amplamente os prazos que determina a lexislación actual sen render e aprobar as contas do ano 2021”.

“Esta desastrosa xestión económica do goberno do PP de Portomarín ten como consecuencia que a día de hoxe o Concello non enviou este documento ao Tribunal de Contas para a súa fiscalización e comprobación do sometemento da
actividade económico-financieira desta institución aos principios de legalidade, eficiencia e economía”, dixo Silvia Rodríguez.

É imprescindible sinalar “que en Galicia a normativa autonómica recolle que, se o Concello non cumpre coa rendición de contas, non pode acceder a axudas e subvencións públicas. Polo tanto, non estamos diante dun tema menor. O PP
non ten presentadas ás contas, polo tanto, podemos estar incluso perdendo oportunidades de inversión para mellorar as nosas dotacións públicas, mentres o Alcalde seguen de brazos cruzados, máis preocupado polas fotos ca polos
feitos”, denunciou.