Skip to main content
Monforte

Inaugúrase en Monforte o Polo de emprendemento e apoio ó emprego Lugo Sur

Por 1 Decembro, 2022Sin comentarios

A concelleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, inauguran en Monforte o primeiro Polo de emprendemento e apoio ao emprego Lugo Sur que dará servizo a nove concellos das comarcas de Chantada e Terra de Lemos.

O novo centro é o primeiro que se estrea na provincia de Lugo como parte dunha rede de 12 polos que en 2023 se estenderá e dará cobertura a toda Galicia.

A conselleira lembrou que o de Lugo Sur é o cuarto polo da Rede estreada o pasado mes de xullo co de Ourense Centro e Sur (situado en Verín), e xa integrada tamén por  Pontevedra Norte e Rías Baixas (en Silleda) e Costa da Morte (en Coristanco).

“Hoxe damos un novo paso coa inauguración do Polo Lugo Sur, o primeiro da provincia de Lugo”, remarcou Lorenzana.

O polo Lugo Sur estará localizado en Monforte aínda que ofrecerá cobertura aos restantes oito concellos das comarcas de Chantada e Terra de Lemos: Carballedo, Chantada, Taboada, Bóveda, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.

Rede de seguridade para o emprego

Tal e como describiu a concelleira, a rede de polos xurdiu “para ofrecer un acompañamento continuado e ser un balaústre para as persoas emprendedoras en cada unha das fases polas que vaian pasando, converténdose nunha rede de seguridade para todas aquelas persoas que se decantan polo emprego por conta propia”.

Actualmente estes centros estratéxicos ofrecen asesoramento personalizado e permanente a 88 persoas beneficiarias, axudándoas a desenvolver 69 proxectos empresariais. Ata o momento xa se realizaron ademais 286 sesións de titorizacións coas emprendedoras e emprendedores.

Os proxectos enmárcanse maioritariamente nos eidos das actividades artísticas, recreativas e de entretemento (19 %); na agricultura, gandería, silvicultura e pesca (17%) e no de industrias manufactureiras (17%).

A rede ampliarase o ano que ven e tal e como anunciou a conselleira “contará con tres novos polos na provincia lucense, situados nas zonas da Mariña, Lugo Central e Montaña Lucense”.

O acto de inauguración tivo como protagonistas tres proxectos empresariais alumeados na zona de Lemos con “forte arraigo co territorio do que forman parte”, subliñou Lorenzana. Tratouse da firma de galletas mariñeiras Daveiga, que a través da fórmula da economía social leva 16 anos traballando desde e para Chantada; da idea empresarial BarVANtia, que xira arredor do Camiño de Santiago e dun terceiro proxecto de carácter artesanal que, como dixo a conselleira, materializan “as innumerables oportunidades de negocio que ofrece Galicia”.

No acto estiveron presentes os alcaldes de Monforte de Lemos, Carballedo, Chantada, Taboada, Bóveda, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.