Skip to main content
Agenda CaducadaPantón

Pantón acolle o día 22 unha charla informativa sobre as xestións nas administracións públicas

Por 5 Decembro, 2022Decembro 16th, 2022Sin comentarios

O xoves 22 de decembro a partir das 12.45 horas terá lugar no Concello de Pantón a charla informativa A Administración Cerca de Ti, que pretende axudar ós habitantes dos pobos para que poidan realizar xestións por vía telemática nas distintas administracións públicas.

Este programa piloto que beneficiará a un total de 7,5 millóns de habitantes de pobos pequenos de toda España ó recibir servizos da Administración Xeral do Estado nos seus concellos, foi presentado pola ministra de Política Territorial e portavoz do Goberno, Isabel Rodríguez.

Tal e como agirma Rodríguez o que se busca é “facilitar que os habitantes dos pobos non teñan que desprazarse e poidan realizar os trámites dende o seu municipio”.

O obxectivo do Goberno é achegar a Administración á ciudadanía para fortalecer a cohesión social e territorial, combater a brecha dixital e reforzar a igualdade de oportunidades, segundo a ministra “transformando o noso país e facendo unha Administración máis útil e próxima”.

A primeira fase da iniciativa, impulsada dende o Ministerio de Política Territorial conxuntamente co Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, desenvolverase nun total de 3.200 municipios españois.

O día 22 é a quenda de Pantón, un día no que os cidadáns so tenrán que desprazarse ó concello para contar coa súa firma dixital, coa que poderán acceder ós trámites e servizos dixitais, evitando desprazamientos innecesarios e o custo económico que iso representa.

O obxectivo é informar ós cidadáns e cidadanas dos trámites e prestacións, acompañalos, axudalos, orientalos para un mellor aproveitamento da Administración e combater as brechas dixitales, territoriais e de xénero.