Skip to main content
Pantón

O Concello de Pantón coloca un buzón para as cartas aos Reis

Por 13 Decembro, 2022Decembro 14th, 2022Sin comentarios

O Concello de Pantón recibiu a petición das súas Maxestades, os Reis Magos de Oriente, e de Papá Noel de que coloque o buzón para que os nenos e nenas de Pantón depositen as súas cartas de petición de agasallos para este Nadal.

Este buzón máxico estará situado na casa da cultura.

Así mesmo, segue aberto o tradicional concurso de postais e Beléns. Todos os nenos do Concello que o desexen poderán participar presentando as súas postais antes do día 22 nas oficinas da casa da cultura. Estas deben levar nome, apelidos e idade do autor ou autora na parte posterior.

Con respecto ao concurso de Beléns, a data límite para anotarse será tamén o día 22.

O período de inscrición xa está aberto e nel poderán participar asociacións, familias e persoas a nivel individual que tamén sexan do concello de Pantón.