Skip to main content
Comarca TERRACHÁXA

O BNG reclama á Xunta que se cubra a praza de pediatría de tres concellos

Por 15 Decembro, 2022Sin comentarios

O Bloque Nacionalista Galego traslada ao Parlamento de Galiza as circunstancias polas que están a pasar as nenas e e nenos e as súas familias dos concellos de Outeiro de Rei, Cospeito e Castro de Rei pola falta dunha persoa facultativa especialista no servizo de pediatría de atención primaria.

Afirman que a praza desta persoa especialista leva máis de tres semanas sen repoñerse, polo que o BNG esíxelle á Xunta en mans do Partido Popular a que cubra esta praza.

“A nós non serve as escusas do Sergas de que non hai persoal substituto” declarou a deputada do BNG por Lugo no Parlamento, Olalla Rodil. Deste xeito, Rodil sinalou que as crianzas precisan dunha atención especializada “as nenas e nenos non son pequenos adultos, teñen as súas necesidades específicas por isto teñen a súa especialidade médica”

Neste senso, a deputada anunciou “desde o BNG insistimos en que se cubran estas prazas canto antes e se dote do persoal sanitario preciso para garantir o dereito á saúde, sobre todo neste concellos do rural no que estas prazas están compartidas en varios concellos, como é este o caso de Outeiro, Cospeito ou Castro de Rei”

Olalla Rodil destacou que esta situación non é illada, senón que é xa unha conxuntura cotiá no servizo de saúde público “este feito de pediatría tamén está a pasar en Vilalba ou A Pastoriza, mais tamén a situación esperpéntica das urxencias de pediatría do HULA sen unha sala de espera”