Skip to main content
Cospeito

O TSXG confirma que o Concello de Cospeito debe indemnizar a unha muller por unha caída

Por 2 Decembro, 2022Decembro 3rd, 2022Sin comentarios

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza do Xulgado do Contencioso administrativo número 1 de Lugo que lle impuxo ao Concello de Cospeito o pagamento de 32.069 euros a unha muller polos danos e prexuízos que sufriu tras caerse o 1 de xullo de 2015 nunha rúa do municipio.

Os maxistrados destacan que está “plenamente acreditado coas fotografías do lugar, cuxa autenticidade ninguén pon en dúbida”, o feito de que as baldosas estaban “levantadas e soltas ao pé da árbore en que se produciu o sinistro, e que iso foi o que provocou a caída da demandante porque estaban na súa zona de paso unha vez que aparcou o seu automóbil e trataba de acceder ao supermercado”.

“O abandono no mantemento da vía pública por parte do concello non era algo incidental ou esporádico, e de feito as baldosas existentes ao pé da árbore en que se produciu o sinistro levaban tempo en estado deficiente, polo que tal incumprimento non pode ser minusvalorado, como agora se pretende, ao pasar os estándares de seguridade esixibles”, salienta o alto tribunal. Contra a sentenza cabe presentar recurso de apelación ante o Tribunal Supremo.