Skip to main content
Cospeito

A comisión da Moexmu reúnese cos gandeiros para comezar a preparar a feira

Por 16 Decembro, 2022Sin comentarios

A comisión organizadora da XXXIX edición da Mostra Exposición de Muimenta – Moexmu, continúa coas súas reunións de traballo encamiñadas á celebración que terá lugar entre o vindeiro venres 31 de marzo e o domingo 2 de abril do 2023. As edicións a celebrar son a XXXIX edición da Mostra Exposición de Muimenta – Moexmu , a XXXVII Concurso de Gando Frisón, a XXXVII Exposición da Gando de Raza Rubia Galega e a XXVII Poxa de Gando Selecto.

Este sábado, 17 de decembro, terá lugar unha reunión de traballo, con membros de Africor Lugo, na que tamén estarán presentes a maioría dos gandeiros que partiparon no Concurso desta edición da Moexmu, con carácter autonómico, para empezar a perfilar oo único concurso de gando que se mantén vivo na provincia.

A dita reunión tamén asistirán representantes da Xunta de Galicia, así como os deputados provincias da Deputación Provincial: Roberto García Pernas e Roberto Fernández Rico (Área de Participación cidadá e Recursos Sostibles respectivamente); así como o alcalde de Cospeito, Armando Castosa e varios concelleiros

Os anfitrións serán, coma sempre, a comisión organizadora deste ano da Moexmu.