Skip to main content
As Pontes

As Pontes entra no Perte e hidróxeno verde do Goberno do Estado

Por 2 Decembro, 2022Decembro 3rd, 2022Sin comentarios

Son tres os proxectos galegos que forman parte dos 29 seleccionados provisionalmente polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico para repartirse 250 millóns de euros. Os tres suman un total de 32 millóns de euros en axudas para a construción de plantas de hidróxeno verde, pero 24 deles irán á planta das Pontes.

O Goberno seleccionou tres proxectos para crear plantas de produción de hidróxeno verde en Galicia, planeadas nas Pontes, Caldas de Reis (Pontevedra) e o porto de Vigo, para recibir fondos do Perte de Enerxías Renovables, Hidróxeno Renovable e Almacenamento.

En total, os tres proxectos seleccionados repartiranse un total de 32 millóns de euros, dos cales, o 75% (24 millóns) irá parar ao proxecto H2Pole, impulsado por Reganosa e a portuguesa EDP no municipio coruñés das Pontes, que prevé un investimento total de 156 millóns de euros e a creación duns 60 empregos directos.

Estes tres proxectos galegos forman parte dos 29 seleccionados provisionalmente polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico para repartirse 250 millóns de euros e que canalizarán un investimento total próximo aos 900 millóns de euros.

A relación de iniciativas seleccionadas, que se distribúen por nove comunidades autónomas, foron reveladas este xoves polo Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía (IDAE), organismo dependente do Ministerio.

Trátase das dúas primeiras resolucións provisionais das liñas de axuda do Perte ERHA para o hidróxeno verde correspondentes aos programas denominados Pioneiros ou Singulares e de Cadea de valor.

Agora ábrese agora un período de alegacións sobre o resultado destas resolucións provisionais e a resolución definitiva espérase para inicios do próximo ano.

Na presentación en San Roque (Cádiz) do proxecto de produción de hidróxeno verde posto en marcha por Cepsa en Andalucía, o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou que xa se contaba con resolucións provisionais de axudas na segunda liña do Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica de Enerxías Renovables, Hidróxeno Renovable e Almacenamento (Perte ERHA), para este total de proxectos.

 10% DO TOTAL PARA A PLANTA DAS PONTES

A planta de hidróxeno verde promovida por Reganosa e EDP nas Pontes concentra case do 10% do total dos 250 millóns. O pasado 8 de setembro, esta iniciativa foi a primeira en ser designada pola Xunta como proxecto industrial estratéxico de Galicia, que, entre outras cuestións, reduce os prazos de tramitación á metade.

H2Pole conta cun investimento de 156 millóns de euros e a creación duns 60 empregos directos. Cunha capacidade nominal prevista de ata 100MW, o obxectivo é que a primeira fase estea a operar en 2025 e a última antes de 2030, segundo os cálculos avanzados o pasado mes de setembro.